viernes, 7 de noviembre de 2008

El pirata amotinado en el bergantin brasileño "Defensor de Pedro"


Benito Soto Aboal, nacido na Moureira, Pontevedra, o 22 de marzo de 1805 e falecido en Cádiz ou en Xibraltar entre 1830 e 1833, foi un pirata galego con sona de acadar grandes cotas de crueldade. Moitos datos da súa biografía son confusos, e existen fontes contraditorias sobre eles.Índice1 O comezo da vida de pirata2 As súas accións3 Apreixamento e morte4 Notas5 Véxase tamén5.1 Ligazóns externasO comezo da vida de pirataFillo dun mariñeiro pontevedrés, fíxose de moi novo ao mar, e suponse que cruzou o Atlántico xa sendo un neno. O 22 de novembro de 1827 sae do porto brasileiro do Río de Xaneiro como tripulante do bergantín escravista O Defensor de Pedro. Outras fontes sinalan este feito en 1823. Ás poucas xornadas de viaxe estoura un motín a bordo e a tripulación, dirixida por Benito Soto, asasina o capitán. Outras fontes apuntan a que non o asasinou, senón que o deixou en porto na Costa de Guinea, e outras, que o amotinamento se produciu en xaneiro de 1828[1], despois de deixar o capitán na colonia portuguesa de São Jorge de Mina (hoxe Elmina, en Guinea).As súas accións Bandeira pirata Os datos sobre a súa vida dedicada á pirataría son confusos. Todos coinciden en que o barco máis importante de todos os asaltados por Soto foi o británico 'Morning Star', que viña cargado de ouro e riquezas cubrindo a rota entre Ceilán e Inglaterra, pero as versións difiren sobre se foi co que iniciou a carreira de ouro e sangue ou se foi co que a rematou.Se facemos caso de quen sitúa o asalto o 21 de febreiro de 1832 nas costas do occidente africano, sería probabelmente o último. Outros entenden que o asalto se produciu ao norte de Fisterra, o 13 de febreiro de 1828[2]. Outros porén, sitúano ao comezo da súa traxectoria, contra 1824. Nesta segunda e terceira hipótese continuarían abordando a fragata norteamericana Topaz que proviña de Calcuta, onde saquearon, mataron a parte da pasaxe e incendiaron a nave. Daquela poría proa ás illas de Cabo Verde, onde abordaron un segundo bergantín inglés, que tamén afundiron e oito días despois, preto das Canarias asaltaron a fragata inglesa Sumbury, que viaxaba a Saint Thomas, e aniquilaron a tripulación. Nos Azores De Soto abordou de maneira sanguenta un buque portugués procedente do Río de Xaneiro e despois o tamén portugués Cessnok e o bergantín inglés New Prospect.En todo caso, parece claro que a súa zona de operación sería o espazo de Océano Atlántico comprendido entre o Golfo de Guinea, as costas de Brasil e a fachada atlántica da península Ibérica. Esta era unha área cun importante tráfico económico, en parte debido ao transporte e comercialización de escravos negros, dos que se beneficiaban Portugal, España e Francia, pero que o Reino Unido abandonara en 1807, e en parte debido ao comercio de ouro, especies e outros materiais máis ou menos de luxo coa India e os países do sueste asiático.O barco de Benito Soto mudou o seu nome polo de A Burla Negra, probabelmente ao comezo da súa traxectoria, logo do motín. Pero tampouco neste caso a data está clara. O seu segundo no mando chamábase Víctor Barbazán.
http://ebooks.1bx.com/gl/Benito_Soto.htm
BENITO SOTO: http://www.guiarte.com/pirata/cuentaviajes/el-fin-de-la-travesia-sangrienta.html

No hay comentarios: